7 Lvvas - A do Candán

nacin na serra do Candán
vivia do leite e dos animais
vivia da terra na que me criei
e fun feliz até o ano oitenta e seis
e fun feliz até o ano oitenta e seis
sendo moi nova, aos vinteun
foi en Fixó aló que din a lus
vivia soa co meu bebé
e fun feliz até que me marchei
e fun feliz até que me marchei
fose o de Europa, fose o que foi
cortaron todas as subvencións
dende o da cuota, dende aquel Nadal
dende aquel dia é que ando a roubar
dende aquel dia é que ando a roubar
a ningun xusto fixen mal
roubei-lle aos bancos e ao capital
roubei igrexas e roubei cuarteis
roubei-no todo para o meu bebé
roubei-no todo para o meu bebé
ás veces penso onde hei parar
ás veces creo que chegaria a matar
faria-o co Diz e co don Manuel
faria-o todo só pros ver morrer
faria-o todo polo meu bebé
na sá Galán foi que pasou
fun-me coa nena pra ver a función
xa caera a noite cando saín
e ali detivo-me a Guárdia Civil
e ali detivo-me a Guárdia Civil
pra miña nai foi unha crus
pra os meus veciños fun sempre o que fun
leva da vida o que mereceu
maldito o dia que a viu nacer
maldito o dia que a viu nacer
cando me leven a enterrar
non quero curas nin funeral
que a miña filla quede onda vos
que estea orgullosa da nai que a botou
que estea orgullosa da nai que a botou